Sábado 18 Noviembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Teatro municipal de Tui
Publicidad
Panadería Xulio C/ Lugo 9 Tui

Carlos Blanco e Luis Davila prometen encher o Teatro Municipal de Tui co seu “Menú da Noite”

Unha cita que prevé ser un éxito de público con máis de 250 entradas vendidas no despacho de billetes online en www.culturatui.info a falta de dous días para que soban ao escenario tudense.
Tras a boa acollida do seu “Menú do Día”, agora Blanco e Davila colgan, literalmente, a saia escocesa e póñense de smóking, pero continúan coa súa retranca e enxeñoso humor neste novo espectáculo.
O actor ourensán e o humorista de Bueu levarán os seus sachos a Broadway para cociñar en directo un bo caldo galego, que combinarán con baile e música de Budiño e Kepa Junquera. Todo para asegurar as risas do humor 100% galego que xa foi un éxito de público e crítica no seu primeiro prato.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres pola tarde dende ás 20.00h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 10€ e 8€.
O “Menú da noite” é o primeiro dos dez espectáculos que pasarán neste semestre polo Teatro Municipal de Tui dentro da programación cultural organizada polo Concello.
“Menú da Noite” de Carlos Blanco e Luís Davila
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Venres, 3 de febreiro, ás 21:30h
Duración: 80 minutos
Público: maior de 14 anos
Entradas:
Á venda até o venres ás 12h en www.culturatui.info
No despacho de billetes o venres dende ás 20.00h
Prezo: 10€ e 8€