Lunes 24 Septiembre 2018

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

A Orquestra Sinfónica de Tui ofrece este venres o concerto de Nadal

Actuará tamén a Coral de alumnos da Academia de Música da Fortaleza de Valença

Este venres, 22 de decembro, ás 21h celébrase o Concerto de Nadal no Teatro Municipal de Tui organizado polo Concello de Tui. Correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Tui acompañada pola coral da Academia de Música da Fortaleza de Valença.
A Orquestra Sinfónica de Tui, que fixo a súa presentación oficial neste mesmo evento en 2016, está formada por 42 alumnos, exalumnos e profesores do Conservatorio Profesional de Música de Tui e da Academia de Música da Fortaleza de Valença. No concerto participará tamén a Coral de alumnos da Academia de Música da Fortaleza de Valença, integrada pro 32 persoas. Estarán dirixidos por Luís Caballero.

Cartel Concerto nadal 2017
O concerto comezará coa orquesta de corda que interpretará
Saint Paul’s Suite.....................................................Gustav Holst (I e IV movementos)
Concerto para dúas guitarras en Sol maior Rv 532……….A. Vivaldi
Guitarras Solistas: Gabriel Silvera Marcoff e Joao Pedro Marinheiro do Seixo
3 Fados (Locura, Primavera e Meu Fado)…………………….Popular Portugués
Cantante Solista: Marlenne. Guitarra Portuguesa Solista: Gabriel Silvera Marcoff
A continuación a Orquestra Sinfónica interpretará:
Danubio Azul……………………………………………………………………J. Strauss
E coma remate a Orquestra Sinfónica e o Coro da Academia de Música da Fortaleza de Valença ofrecerán conxuntamente:
Adeste Fideles………………………………………......…..J. F. Wade
Natal de Elvas……………...………...………………..…...Popular (Arr. Filipe Cunha)
Suite de Navidad…….……………...………………….....Arr. Marcos Valcárcel Gregorio
Marcha Radetzky………………………………….…...…..J. Strauss

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende as 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 6€ e 4,5€.

Publicidad
Tuicom-articulos