Jueves 21 Septiembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Exposición de Ángel Torres na Área Panorámica.

Será ás 19h na Sala Municipal na Área Panorámica. Poderá visitarse ata o 4 de abril

O próximo luns, 7 de marzo, ás 19h, terá lugar a inauguración da exposición de Ángel Torres na zona anexa á Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica.
O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, María José González, e do propio pintor.
Nesta mostra Ángel Torres achega unha colección de obras realistas en mediano e gran formato de óleo sobre lenzo. Segundo o pintor na súa obra exprésase sobre os sentimentos humanos, a súa expresión, a súa sensibilidade… sinalando que a soidade predomina nas súas obras.

Publicidad

Ángel Torres ten exposto con anterioridade en Tui, así coma en Pontevedra, Arzúa, A Coruña, Salceda, ou Madrid.
A exposición poderá visitarse ata o 4 de abril en horario de luns a venres de 9 a 14h e de 16.30h a 20.30h.