Jueves 21 Septiembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Será coa clausura das escolas deportivas de Judo e o III Open Internacional de Judo Eurocidade

Esta fin de semana o judo será o gran protagonista do deporte tudense, dado que o pavillón deportivo municipal de Tui albergará dúas probas deportivas deste deporte.
Así, o sábado 17, a partir das 10.30 horas, o Judo Club Tudense, en colaboración co Concello de Tui, organizará o acto de clausura das escolas deportivas de judo, que durante a temporada 2016-2017 se celebraron nos colexios Nº2 e Maristas de Tui, en Salceda de Caselas e no Centro Interfederado de Tui.
Os máis de 150 deportistas participantes nas escolas do club, realizarán diferentes exhibicións do aprendido durante a temporada, rematando coa entrega de diplomas e cintos aos participantes.
E seguindo co deporte do judo, a partir das 14.30 horas, na mesma instalación, dará comezo o III Open Internacional de Judo Eurocidade, organizado polo Judo Club Valença, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, que reunirá a máis de 250 participantes, e que rematará sobre as 20.00 horas españolas.
Nesta xornada do sábado, competirán os participantes das categorías cadete e xuvenil, pasando a competición dos veteranos para o domingo 18, de 11 a 13 horas españolas.

Publicidad
Panadería Xulio C/ Lugo 9 Tui