Domingo 27 Mayo 2018

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

O Tyde defenderá en xuño o título de campión do Torneo Internacional de Fútbol 7 de Versmold

O venres entregaron á copa gañada en 2017 á asociación de tudenses en Versmold que a custodiará até o próximo torneo

A copa do Torneo Internacional de Fútbol 7, que gañou o Tyde F.C. o pasado verán, é custodiada ata o mes de xuño pola Asociación de Tudenses en Versmold. O pasado venres os xogadores, directivos e presidente do Tyde, Elías Vieiro, xunto ao concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, fixeron entrega da copa a un membro do colectivo tudense en Alemaña que exporán a copa na súa sede até que se dispute novamente o torneo.
O Tyde F.C. acudirá no mes de xuño novamente, por quinto ano consecutivo, ao Torneo Internacional de Fútbol 7 en Versmol, onde defenderá o título de campións logrado o ano pasado fronte a outros 21 equipos de distintos países europeos.

Publicidad