Lunes 24 Septiembre 2018

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Inscricións abertas para o V Torneo de Tenis da Eurocidade

Celebrarase do 13 ao 30 de setembro na Eurocidade Tui-Valença

Este xoves, 16 de agosto, abrirá o prazo de inscrición para o “V Torneo de Tenis da Eurocidade”, que organiza o Club Tenis Tui, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença. Disputarase nas pistas de tenis da piscina municipal de Valença e nas pistas de tenis de Areas, dende o 13 ao 30 de setembro.
As inscricións poden realizarse a través da páxina www.ibertenis.com, do 16 de agosto ao 3 de setembro. O prezo da inscrición é de 5€ por participante, 8€ para as categorías de dobres, e dende júnior a benxamín todas as categorías terán a inscrición de balde.
Toda a información desta competición está accesible na web www.ibertenis.com, no facebook do Club Tenis Tui, tenistui.asociación, así como no teléfono 658.866.403. , sendo

Publicidad