Miércoles 22 Noviembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Publicidad

Dous eventos destacados que se van celebrar nos pavillóns de deportes das dúas cidades. Trátase do II Campionato de Judo Eurocidade que se celebrará o sábado no pavillón de deportes de Valença e do III Campionato Ibérico de Kung-Fu Eurocidade que se disputará no novo pavillón de deportes de Tui o domingo.

Os dous foron presentados esta mañá na casa do concello de Tui.
Os concelleiros de Deportes de Tui e de Valença, Laureano Alonso, e José Monte, destacaron a estreita colaboración no ámbito deportivo das dúas cidades coa celebración de 30 actividades ao longo do ano en 19 modalidades deportivas, salientando ao tempo a colaboración de todos os clubs e entidades deportivas da Eurocidade.
O concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, fixo amais fincapé na repercusión positiva que este tipo de eventos deportivos teñen tanto para o turismo coma para a economía local.
Con respecto ao II Campionato de Judo Eurocidade que se celebrará o sábado dende ás 12.30 hora española no pavillón de deportes de Valença a presidenta do Judo Club Valença, Argentina Sousa, destacou que van participar 200 deportistas das categorías xuvenil e cadete, pertencentes a 9 asociacións e 30 clubs, 23 de Portugal e 7 de España.
O adestrador do Judo Club Valença, Rui Ferreira, destacou a implantación que o judo está a ter en Valença con 150 deportistas federados, e os pasos que se están dando tamén en Tui co Judo Club Tudense.
O domingo a cita será dende ás 10.30 hora española no novo pavillón de deportes de Tui co III Campionato Ibérico de Kung-Fu Eurocidade, con entrada gratuíta. Serán algo máis de 2 horas dun espectáculo deportivo moi dinámico nas modalidades de KugFu Tradicional e Moderno e cunha exhibición de Tai-Chi no que participarán máis de 300 deportistas, gran parte deles premiados en campionatos nacionais e internacionais.
Carlos Alonso, presidente da Federación Galega de Kung-Fu, explicou que eventos coma este contribúen no reto de dotar ao Kung Fu de carácter internacional. Aaron Blanco, responsable de Kung-Fu Moderno, destacou a presenza de campións nacionais tanto de España coma de Portugal; e Jose Antonio Parada, director do departamento de Tai-chi, explicou que farán unha demostración tanto de Tai-Chi coma de Chui-Kung.
Eduardo Méndez Sanjurjo, director do Campionato, destacou a espectacularidade da proba e o sistema de competición que se desenvolverá en pouco máis de dúas horas ao realizarse varias probas de xeito simultáneo. Entre os participantes salientou aos deportistas locais Ángel Barros e Yasmina Mauricio, que suman máis de 40 campionatos de España.