Jueves 21 Septiembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Une a Fortaleza de Valença e o casco urbano de Tui. O prezo da viaxe de ida e volta é de 3 €.

A Eurocidade Tui-Valença volve estar unida este verán por un tren turístico que realiza a diario seis viaxes, tres pola mañá e tres pola tarde, entre a Fortaleza de Valença e a Praza da Inmaculada de Tui. Nunha hora aproximada de percorrido os viaxeiros teñen a oportunidade de percorrer as rúas da Fortaleza de Valença – dende onde sae ás horas en punto, atravesar a vella Ponte Internacional, e subir pola Avenida de Portugal, Martínez Padín, e Augusto González Besada ata o céntrico Paseo da Corredoira en Tui.

Publicidad