Domingo 27 Mayo 2018

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Publicidad
A comitiva real está formada por 150 persoas que realizarán o percorrido entre Tui e Valença

A Eurocidade Tui-Valença ten todo preparado para recibir este venres, 5 de xaneiro, aos Reis Magos de Oriente que protagonizarán un ano máis a Cabalgata Internacional entre os dous municipios de dous países nunha comitiva formada por máis de 150 persoas.
A saída está prevista ás 17 hora española dende o Albergue de Peregrinos de San Teotonio en Valença, onde se iniciará o percorrido de 3,5 quilómetros, que rematará dúas horas despois, ás 19 h, no Paseo da Corredoira en Tui fronte ao Seminario Menor.
A rondalla do Centro Cultural “O Mosteiro” de Pexegueiro será a encargada de encabezar a comitiva real, seguida do tren turístico da Eurocidade e dun camión dos Bombeiros Voluntarios de Valença. A continuación irán as carrozas elaboradas polas Asociacións Culturais “Arume” de Malvas, “Lembranzas da terra” de Guillarei, “Aloia” de Pazos de Reis e “Xuntanza” de Randufe. Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados dos seus paxes, irán nas súas respectivas carrozas elaboradas polo persoal do Concello de Tui. Pechará a comitiva un segundo camión dos Bombeiros Voluntarios de Valença e unha ambulancia.

Publicidad
Panadería Xulio C/ Lugo 9 Tui
Cartel Cabalgata de Reis2018
Por noveno ano consecutivo o punto de partida será no Albergue de Peregrinos de Valença na rúa José María Gonçalves, para continuar polas avenidas dos Bombeiros Voluntarios e de Espanha, e atravesar a Vella Ponte Internacional, un dos momentos emblemáticos desta Cabalgata. Xa en Tui o percorrido proseguirá pola avenida de Portugal, rúas Martínez Padín e Augusto Gonzáles e rematará no Paseo da Corredoira, fronte ao Seminario Menor. Os últimos 250 metros do percorrido, por cuestións de seguridade, estarán vallados a cada lado.
No Belén Vivinte que, por terceiro ano estará situado na carpa de 40 x10 metros, diante do seminario os reis Magos farán a súa ofrenda e darán lectura á mensaxe real. Tanto no seu percorrido coma xa na carpa Melchor, Gaspar e Baltasar agasallarán con caramelos libres de alérxenos e no remate recibirán a todos os nenos que desexen saudalos.
Se repartirán 1.250 quilos de caramelos, dos 500 sin gluten se repartirán no traxecto por Valença, e 750 libres de alérxenos no percorrido por Tui.

O venres ás 12h decidirase, en función do tempo, se se pode realizar a Cabalgata ou se opta por outra opción
Ante a inestabilidade da climatoloxía a organización da Cabalgata baralla dúas opcións alternativas no caso de que non se poida realizar o percorrido ao completo. A primeira delas será acurtar o traxecto que sairía da rúa Coruña en Tui e remataría igualmente na Corredoira, e a segunda suspendería a Cabalgata en sí, pero mantería a recepción real ao cativos na carpa instalada diante do seminario. A decisión final tomarase o venres ás 12h será comunicada ese mediodía.

Visita ás residencias Paz e Ben e San Telmo

Xa o venres pola mañá as súas Maxestades os Reis Magos, xunto á Rondalla do Centro Cultural “O Mosteiro” de Pexegueiro, visitarán aos maiores da residencia Paz e Ben, ás 10.45h, e da residencia San Telmo, ás 11.50h.
A Cabalgata Internacional de Reis está organizada pola Concellería de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente do Concello de Tui conxuntamente coa Cámara Municipal de Valença, dentro das actividades da Eurocidades Valença-Tui. Colaboran a Radio Municipal de Tui, o Grupo Scout Alhoia, a Policía Local e as Asociacións Culturais “Arume” de Malvas, “Lembranzas da terra” de Guillarei, “Aloia” de Pazos de Reis e “Xuntanza” de Randufe por parte tudense, e a GNR e Bombeiros Voluntarios de Valença, e protección civil de Valença.

Banner Tuicom