Martes 20 Noviembre 2018

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

O encontro disputarase nas instalacións deportivas Álvarez Durán de Tui

Mañá sábado, 17 de febreiro, ás 12.00 horas españolas, no Campo Municipal de Fútbol “Álvarez Durán” de Tui, disputarase o terceiro torneo de fútbol veterano Eurocidade, onde se porá en xogo a Taça San Teotonio.
Neste encontro enfrontaranse os equipos de categoría veterano do Tyde F.C. e do S.C. Valenciano, no que se pretende reunir nunha xornada lúdico deportiva, aos antigos xogadores de ambos clubs.
O partido de volta celebrarase nas Festas de San Telmo, disputándose o encontro no Estadio Dr. Lourenço Raimundo de Valença.

EurocidadeCartel1

Publicidad