Miércoles 22 Noviembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Será ás 20h baixo o título de “De Oriente a Occidente”

“De Oriente a Occidente” é o título do concerto que a Orquestra do Norte, de Porto (Portugal) vai ofrecer mañá sábado, 12 de marzo, ás 20h no Teatro Municipal de Tui. Este evento organizado pola Eurocidade Tui-Valença forma parte do ciclo “Música nos Caminhos de Santiago”.
Baixo a dirección de José Ferreira Lobo van interpretar “Nas Estepas de Asia Central” de Alexander Borodin, “O barbeiro de Sevilla” de Gioachino Rossini a e Suite nº1 e a Danza Bohemia de “Carmen” de Georges Bizet.
A Orquestra do Norte ten desenvolvido dende 1992 un traballo pioneiro e inédito logrando o recoñecemento nacional e internacional. A creación de novos públicos, o apoio á música e aos músicos portugueses e a constante renovación do repertorio son parte dos obxectivos básicos desta formación.
A Orquestra do Norte está dirixida dende a súa fundación por José Ferreira Lobo.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata mañá sábado ás 12h ou o mañá pola tarde dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 5€ e 4€.