Jueves 21 Septiembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Ata un total de 30 equipos de Portugal e Galicia participarán esta fin de semana no pavillón deportivo municipal de Valença

O calendario deportivo da Eurocidade continua este fin de semana coa celebración do XIV Torneo Internacional de MiniBasket Eurocidade. Celebrarase este sábado 19, domingo 20 e luns 21 de marzo, organizado polo Basket Club Valença, en colaboración coa Eurocidade Valença-Tui. No mesmo van participar trinta equipos de trece clubs deportivos de Galicia e Portugal. Trátase non so nun torneo deportivo senón dun evento de confraternización e amizade entre os participantes.
Os clubs que se achegarán ata a Eurocidade son: S.L. Benfica, E.D.Viana, C.F.S. Barco, P.F.Ourense, Olivais F.C., U.A.A. Aroso, N.C.R. Valongo, A. Académica Coimbra, Maia B.C., S.C. Beira Mar, Guifoes S.C., e o Club Baloncesto Tui e o Basket Club Valença que exercerán de anfitrións.
Os participantes competirán no pavillón deportivo municipal de Valença, pero realizaran outras actividades relacionadas co lecer, e pernoctarán nas instalacións anexas dos colexios de Valença.