Viernes 22 Septiembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Convocado o proceso selectivo para a contratación de sete persoas para as piscinas municipais

Os interesados teñen ata o 9 de xuño para presentar as instancias e documentación requirida.

Ante a próxima apertura das piscinas municipais coincidindo coa época estival o Concello de Tui convoca o proceso selectivo para a contratación de sete persoas de forma temporal. Trátase de tres socorristas e tres operarios de servizos diversos e mantemento, a tempo parcial, e dun operario de mantemento a tempo completo.
As bases aparecen hoxe publicadas na web municipal e no Boletín Oficial da Provincia. Os interesados teñen ata o xoves 9 de xuño para presentar as instancias a documentación requirida para acceder ao proceso selectivo.
Por outra parte o Concello convoca o proceso selectivo para a contratación dun técnico medio – diplomado ou graduado en Turismo, para a realización de tarefas de información, animación e promoción turística na Oficina de Turismo de Tui. O contrato, a tempo completo, terá unha duración de tres meses. As solicitudes pódense presentar ata este sábado 4 de xuño no rexistro de entrada do Concello de Tui.

Publicidad
Tuicom-articulos