Jueves 21 Septiembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Tui participa ata o domingo en Festur, Feira de Festas de Interese Turístico, en Silleda

O Concello de Tui está presente dende hoxe e até o domingo en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico, que celebra a súa terceira edición en Silleda coincidindo coa 39ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

Tui participa ao ter as súas festas patronais na honra a San Telmo declaradas de interese turístico galego.
Con posto propio duns 10 metros cadrados promociónanse os atractivos turísticos da cidade dende o río Miño ao Monte Aloia e o conxunto histórico, xunto á gastronomía, a cultura, o deporte... Fotografías de gran tamaño dunha vista da cidade dende Valença, da cruz do Monte Aloia, da Catedral e ou das rúas empedradas do conxunto histórico reclaman a atención do visitante. Folletos turísticos, información da oferta hostaleira e de restauración, ou do Camiño Portugués de Santiago achegan aos que pasen pola feira as claves para visitar Tui.

Publicidad
Tuicom-articulos