Martes 2 Marzo 2021

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Óscar Carrera Amandi xa figura na rúa Olímpicos Tudenses

O padeeiro participou nos Xogos Olímpicos de Río

Estes días,tivo lugar a recolocación da placa da rúa Olímpicos Tudenses, despois de que fora retirada para a inscrición dun novo nome dun olímpico do noso concello, o de Óscar Carrera Amandi, quen participou nos Xogos Olímpicos de Río.

O padeeiro tudense competiu en piragüismo, na modalidade de K4 1.000 metros, acadando o quinto posto na final, outorgándolle o diploma olímpico.

Na colocación da placa, estiveron presentes o concelleiro de deportes de Tui, Laureano Alonso, xunto a familiares de Óscar Carrera, cuxo nome figura xa xunto aos do resto de olímpicos tudenses, Enrique Míguez, José Ignacio Bugarín, Jacobo Moroño, Pedro Areal, Jesús González e Frank Casañas.

Publicidad