Miércoles 22 Noviembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Tui repartirá 5.600 euros en premios no Concurso Desfile de Comparsas e Grupos de Entroido

Entroido 2017

Publicidad
Os interesados deberán inscribirse o luns día 13 de febreiro de 9 a 14h no rexistro do Concello

As comparsas e grupos que desexen participar no Desfile Concurso de Entroido, que o luns 27 de febreiro se celebrará en Tui, deberán inscribirse o próximo luns, 13 de febreiro, de 9 a 14h no rexistro de entrada na casa do Concello.
Así se recolle nas bases publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e que se poden consultar tamén en tui.gal. Os grupos deben estar formados por entre 10 e 20 persoas disfrazadas e as comparsas por un mínimo de 25. Para formalizar a participación deben cubrir o impreso de inscrición – publicado xunto coas bases – e acompañalo de copia do CIF da asociación, nomeamento da xunta directiva recollida no libro de actas, copia do DNI do presidente, certificado de conta bancaria, declaración responsable de atoparse ao corrente nas obrigas tributarias e declaración responsable de exención do IVE, se fóra o caso. A participación limítase a 20 comparsas e 5 grupos coa salvidade de que nunca un grupo ou comparsas de Tui quedará fora do desfile.
Repartiranse un total de 5.600 euros en premios dos que sete corresponden ao premio xeral no que se valorará actualidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza, valorados entre 700€ e 100€; seis outorgaranse ás carrozas, catro a acompañamento musical, e hai un premio xeral para as comparsas de fantasía. Amais todas elas recibirán un premio fixo por participar que oscilará entre os 500€ da comparsas tudenses con carroza, aos 50 euros dos grupos de fóra de Tui sen carroza.
O desfile celebrarase o luns, 27 de febreiro, festivo local en Tui, dende ás 17.30h polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda, sen poder realizar paradas durante o percorrido.
Todos os grupos e comparsas deberán participar amais do Enterro do Bacallau que terá lugar o domingo 5 de marzo con saída ás 19.30h dende a Praza de San Fernando e remate na traseira da Área Panorámica.

CONSULTA AQUÍ LAS BASES

Publicidad
Panadería Xulio C/ Lugo 9 Tui