Jueves 21 Septiembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Tui busca fotografías de industriais, empresarios e comerciantes entre os anos 1930 e 1970

As imaxes serán dixitalizadas en alta calidade e entregadas ao seu propietario e formarán parte dunha futura exposición

O Concello de Tui comeza a traballar na creación do arquivo de imaxe municipal co obxectivo de reunir o maior número de fotografías relacionadas con Tui. Búscase facelo dun xeito ordenado, catalogando todas as imaxes para, no futuro, poder poñelas a disposición do público en xeral. Por isto, o Concello fai un chamamento á colaboración dos veciños e veciñas para que aporten ao arquivo todas aquelas imaxes que consideren de interese.
Ao igual que no pasado ano, nas Festas de San Telmo 2017, búscase facer unha exposición de fotografía antiga. Nesta nova edición circunscríbese a industriais, empresarios e comerciantes de Tui entre os anos 1930 e 1970.
Por isto, todas aquelas persoas que posúan imaxes que cumpran con estes requisitos poden aportalas na Radio Municipal de Tui, na traseira do edificio da Área Panorámica, en horario de 8:00 a 14:00h de luns a venres. As fotografías serán dixitalizadas en alta calidade e devoltas ao seu propietario xunto co arquivo dixital.

Publicidad
Panadería Xulio C/ Lugo 9 Tui