Sábado 18 Noviembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Publicidad
Comezará ás 17h no circuíto establecido polas rúas novas. Ao remate actuará a orquestra Nevada

Tui celebrará este domingo, 12 de marzo, o XXX Desfile-Concurso de Entroido que foi aprazado o pasado 27 de febreiro, pola previsión de choiva. Participarán 10 comparsas de Tui, Tomiño, Salceda, Nigrán, Marín e Vigo sumando máis de 800 persoas desfilando acompañadas de 15 carrozas.
O desfile comezará ás 17h no circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda, sen poder realizar paradas durante o percorrido. Mentres o xurado delibera e ao remate da entrega de premios e ata ás 22h actuará a orquestra Nevada no cruzamento entre as rúas Lugo e Ourense.
Serán dúas as comparsas de fantasía que participen: “Fantasía Volcánica de Parada” de Nigrán “Os da Caña” de Marín, levando esta última música en directo. Tamén participarán con acompañamento musical tres comparsas tudenses “Pokemons en Pexegueiro” da Asociación O Mosteiro de Pexegueiro, “Lembranzas Sevillanas” da Asociación Lembranzas da Terra de Guillarei e “Cantos Somos, apertura sen expropiación” de Cantos Somos. Por último sen acompañamento musical estarán “Luces, 50 sombras más ocuras” da comparsas Luces de Tomiño, “Tump-Palladas en Tui” da Asociación Cultural Arume de Malvas, “Os vikingos da Picoña” da Asociación Cultural En Loureiro de Salceda, “Cleopatra cruzando o Nilo” da Sociedade Atlántida de Matamá de Vigo, e “O Borralliño de Soutelo” de Salceda.
Estas 10 comparsas competirán polos premios establecidos segundo as bases deste concurso. Así haberá unha clasificación xeral na que o xurado valorará a actualidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza, na mesma outorgaranse sete premios valorados entre 700€ e 100€. Haberá seis premios para as carrozas cun importe de entre 400€ e 150€, catro de acompañamento musical dotados con entre 300€ e 150€, por último hai un premio xeral para as comparsas de fantasía valorado en 250€. Amais todas elas recibirán un premio fixo por participar.
Restricións no tráfico
Debido á celebración do Desfile-Concurso de Entroido este domingo ás 14h e ata ás 22h estarán pechadas ao tráfico e ao estacionamento as rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense, A Guarda e Mondoñedo.

Publicidad
Tuicom-articulos