Viernes 22 Septiembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

“Cantos Somos, apertura sen expropiación” vencedora no Entroido de Tui

Publicidad
Cantos Somos fíxose co primeiro premio xeral, e o primeiro en acompañamento musical. Mentres Os Vikingos da Picoña gañaron en Carrozas e Os da Caña en Fantasía

Centos de persoas disfrutaron a tarde do Domingo en Tui do XXX Desfile-concurso de Entroido. O sol acompañou durante o percorrido o que permitiu as dez comparsas participantes lucir os traballos realizados durante as últimas semanas con derroche de imaxinación e corido.
A comparsa “Cantos Somos, apertura sen expropiación” fíxose co primeiro premio na categoría xeral, amais o xurado concedeulles o primeiro premio en acompañamento musical e o segundo en carrozas coa parodia que realizaron da apertura da rúa Ourense.Vikingos
A proposta da Asociación O Mosteiro “Pokemons en Pexegueiro” levouse o segundo premio na categoría xeral, o terceiro en carrozas e o segundo en acompañamento musical. Mentres a parodia realizada pola Asociación Arume de Malvas sobre o cambio de sentido en Riomuíños baixo o título de “Trump-palladas en Tui” levouse o terceiro premio na categoría xeral, seguido de “Lembranzas Sevillanas” da Asociación Lembranzas da Terra de Guillarei co cuarto premio, de “Luces, 50 sombras más oscuras” da comparsa Luces de Tomiño co quinto, “Os vikingos da Picoña” de Salceda quedaron clasificados en sexto lugar, e “O Borralliño de Soutelo” levouse o sétimo premio.
En Fantasía a comparsas gañadora foi “Os da Caña” de Marín.
Gañadores Absolutos
Cantos Somos, apertura sen expropiación, de Tui
Pokemons en Pexegueiro, de Tui
Trump-Palladas, de Malvas, Tui
Lembranzas Sevillanas, de Guillarei, Tui
Luces, 50 Sombras más oscuras, de Tomiño
Os Vikingos da Picoña, de Salceda
O Borralliño de Soutelo, de Salceda
Gañadores Carrozas
Os Vikingos da Picoña, de Salceda
Cantos Somos, apertura sen expropiación, de Tui
Pokemons en Pexegueiro, de Tui
O Borralliño de Soutelo, de Salceda
Luces, 50 Sombras más oscuras, de Tomiño
Cleopatra cruzando o Nilo, de Vigo
Gañadores Fantasía
Os da Caña, de Marín

Publicidad
Panadería Xulio C/ Lugo 9 Tui