Miércoles 22 Noviembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Tui celebrará do 15 ao 24 de abril as Festas de San Telmo pensadas para vivir na rúa

Publicidad
Panadería Xulio C/ Lugo 9 Tui
A profesora Dolores Balseiro será a pregoeira, e farase unha homenaxe a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

As festas de San Telmo 2017, que se celebrarán do 15 ao 24 de abril en Tui, estarán marcadas pola promoción do Camiño Portugués de Santiago e polo seu carácter popular. Así o explicaron esta mañá en rolda de prensa, o alcalde, Enrique Cabaleiro, acompañado polos concelleiros María José González, Yolanda Rodríguez, Laureano Alonso, José Martínez Tato e Miguel Capón Rey. Por motivos laborais non puideron estar presentes Carmen Núñez e José Ramón Magán.
A concelleira de Cultura, María José González, destacou que continúan coa aposta iniciada en 2016, cando o Concello se fixo cargo da organización dos festexos patronais, pensando unhas festas para vivir e disfrutar na rúa. Coma novidade destacou o concerto do grupo Mago de Oz, previsto para o sábado 15 na rúa Compostela con entrada gratuíta, ao que se suma outro cambio substancial na programación que será que cada día se combine a actuación dunha orquestra (Passarela, América, Abanico, Capitol e Olympus) nas verbenas cun grupo musical (Fillos do Estramonio, Batemento,Pelepau e 6TAs9). Tamén ao igual que o ano pasado haberá actividades infantís todas as mañá na Área Panorámica a cargo de En Un Tris Tras e polas tardes proxeccións de cinema.
Ao tempo mantéñense eventos xa tradicionais cunha gran acollida por parte do público coma o Festival Folclórico o domingo 16, e a IX Semana de Teatro Afeccionado que terá lugar do luns 17 ao sábado 22. Amosou o agradecemento do Concello ás asociacións culturais tudenses tanto nestas actividades coma noutras que teñen lugar ao longo das festas e de todo o ano.

Publicidad

No eido deportivo o concelleiro de Deportes e Turismo, Laureano Alonso, deu conta da celebración de eventos xa consolidados coma a Carreira Solidaria de San Telmo xunto á Andaina de San Telmo, unha Concentración de Coches Clásicos, un curso de Marcha Nórdica, o II Torneo Cidade de Tui de Fútbol Sala e a Copa San Telmo Eurocidade de Fútbol. Tamén explicou que este ano na Feira Cabalar, que se celebra o luns de San Telmo – 24 de abril – terá lugar ao longo de toda a xornada con distintas actividades e exhibicións.
O concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, explicou que durante as festas reforzarase o servizo de limpeza na limpeza para que a cidade estea en perfecto estado, ao tempo que aproveito para solicitar a colaboración cidadá para manter Tui Limpo.
Yolanda Rodríguez, concelleira de Facenda, explicou dende o equipo de goberno apostan por facer unhas festas abertas para todos os públicos con actividades para disfrute da cidade, nas que o Concello fai un esforzo importante para que sexan unhas festas dignas e de calidade. Con respecto ao cambio de emprazamento das atraccións das festas, insistiu que a entrada en funcionamento do novo centro de saúde fai incompatible que se instalen no lugar onde o viñan facendo ata o de agora na traseira da área Panorámica. A posta a dispor do novo terreo na finca Patazumba, que foi acondicionando oportunamente, é unha decisión pensada e consensuada por todo o equipo de goberno.
O tenente alcalde e concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón Rey, puxo o énfase no recoñecemento que durante o acto inaugural das festas se realizará a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe polo seu papel fundamental na revitalización do Camiño de Santiago, outorgándolle a medalla de honra da cidade na súa calidade de ouro, tal e como acordo a corporación municipal en pleno. Tamén puxo énfase que este ano haberá máis prazas de aparcamento xa que conseguiron por a dispor 10 mil metros máis grazas a acordos con propietarios de distintos terreos.
Pola súa parte o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, anunciou que a profesora Dolores Balseiro Pose será a responsable da lectura do pregón das festas no acto a celebrar o próximo sábado, 15 de abril, ás 19.30hno Teatro Municipal de Tui. Incidiu amais o rexedor na aposta que durante estas festas se fai polo promoción do Camiño Portugués a Santiago, que será o eixo condutor do libro das festas con aportacións de historiadores e xornalistas especializados na materia. Un libro que será tamén unha homenaxe aos empresarios e industriais de Tui xa que no mesmo recolleranse fotografías antigas que recollen a importancia comercial da cidade, imaxes que tamén se exhibirán nunha exposición que abrirá as súas portas o sábado na Sala Municipal na Área Panorámica. Rematou o alcalde convidando a tudenses e visitantes a disfrutar duns festexos declarados de interese turístico galego polos seus múltiples atractivos, e que volverán pór a Tui no mapa cultural de Galicia.
Publicidad
Tuicom-articulos

PROGRAMA DAS FESTAS DE SAN TELMO

Sábado 15
II Torneo Cidade de Tui de Fútbol Sala no pavillón San Paio e Pavillón novo de Tui.
*días de torneo: xoves, 13 de abril, venres, 14 de abril e sábado, 15 de abril.
19.30 h no Teatro Municipal lectura do Pregón das Festas a cargo de Dª. Dolores Balseiro Posse. Entrega da Medalla de Honra, categoría de Ouro a D. Víctor Manuel Vázquez Portomeñe. Entrega da bandeira de Tui ás asociacións culturais e clubs deportivos. Actuación de Contradición.
*Entrada libre ata completar aforamento.
20.30 h na Sala de Exposicións Municipal inauguración da mostra “Fotografía antiga de Tui San Telmo 2017”.
21.00 h dende a Área Panorámica ata a Praza da Inmaculada, desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas Santa Columba de Ribadelouro
21.30 h acendido do alumeado das Festas de San Telmo.
22.00-00.00 h na rúa Compostela concerto de Mägo de Oz.
Domingo 16
12.30-13.30 h no Paseo da Corredoira concerto da Banda de Música Popular de Tui
*En caso de choiva cancelarase.
17.00-20.00 h actuación polas rúas de Tui da Charanga Cantos Somos.
18.00-21.00 h no Teatro Municipal, Festival Folclórico Festas de San Telmo con 10 grupos participantes.
*Entrada libre ata completar aforamento.
19.00-21.00 h no Paseo da Corredoira verbena coa Orquestra Passarela.
21.00-23.00 h no Paseo da Corredoira concerto de Fillos do Estramonio.
23.00-00.00 h no Paseo da Corredoira verbena coa Orquestra Passarela.
Luns 17
11.30-13.30 h no edificio da Área Panorámica (porta 4) actividades infantís “Refugallo” con En un Tris Tras. *Entrada libre ata completar aforamento.
16.00 h na Sala Félix Rodríguez, porta 10 da Área Panorámica, cinema infantil “Zootrópolis” – 108’ . *Entrada libre ata completar aforamento.
17.00 h no centro de día Amoralia actuación da Coral Ponte das Febres.
21.15 h no Teatro Municipal IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Santiago de Malvas estrea “Médico á forza” – 65’. Entrada 1,5 €.

Martes 18
11.30-13.30 h no edificio da Área Panorámica (porta 4) actividades infantís “Personaxeando” con En un Tris Tras. *Entrada libre ata completar aforamento.
16.00 h na Sala Félix Rodríguez, porta 10 da Área Panorámica, cinema infantil “Buscando a Dory” – 103’. *Entrada libre ata completar aforamento.
17.00 h na Residencia San Telmo actuación da Coral San Telmo.
Ás 21.15 h no Teatro Municipal IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo.O grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis presenta “Claro e Clara non se aclaran” – 70’. Entrada 1,5 €.
Mércores 19
11.30-13.30 h no edificio da Área Panorámica (porta 4) actividades infantís “Chapa, pintura e listos para a aventura!” con En un Tris Tras. *Entrada libre ata completar aforamento.
16.00 h na Sala Félix Rodríguez, porta 10 da Área Panorámica, cinema infantil “Angry Birds” – 97’. *Entrada libre ata completar aforamento.
17.00 h na Residencia Paz e Ben actuación da Coral Centro Social de Tui.
21.15 h no Teatro Municipal IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Chirlomirlo de Randufe estrea “Gran Circo Randulfini” – 75’. Entrada 1,5 €.
Xoves 20
11.30-13.30 h no edificio da Área Panorámica (porta 4) actividades infantís “Científicos tolos” con En un Tris Tras. *Entrada libre ata completar aforamento.
16.00 h na Sala Félix Rodríguez, porta 10 da Área Panorámica, cinema infantil “Trolls” – 93’. *Entrada libre ata completar aforamento.
21.15 h no Teatro Municipal IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro San Fíns de Rebordáns estrea “O Indiano” – 45’. Entrada 1,5 €.
Venres 21
11.30-13.30 h no edificio da Área Panorámica (porta 4) actividades infantís “Troula!!” con En un Tris Tras. *Entrada libre ata completar aforamento.
16.00 h na Sala Félix Rodríguez, porta 10 da Área Panorámica, cinema infantil “El libro de la Selva” – 115’. *Entrada libre ata completar aforamento.
17.00-20.00 h no pavillón novo, curso de Marcha Nórdica.
19.00-22.00 h no Paseo da Corredoira Festival de Karaoke coa SpaceMusic.
21.15 h no Teatro Municipal IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui presenta “A lotaría” – 80’. Entrada 1,5 €.
22.00-23.30 h na rúa Compostela verbena coa orquestra América.
23.30-00.30 h no Paseo da Corredoira concerto de Batemento.
00.30-02.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra América.
Sábado 22
10.00 h dende o palco da música no Paseo da Corredoira saída da Andaina Festas San Telmo. Prezo: 3€ e 5€.
12.00 h no Campo de Fútbol “Álvarez Durán” de Tui, Copa San Telmo Eurocidade.
12.00-14.00 h polas rúas de Tui actuación da Charanga Cantos Somos.
17.00 h no Paseo da Corredoira, concentración e exposición de coches antigos.
17.00-21.00 h polas rúas de Tui actuación da Charanga Cantos Somos .
19.00 h polas rúas de Tui desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas Santa Columba de Ribadelouro.
20.15 h no Teatro Municipal IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Mesturanzas de Areas estrea “A herdanza de Dona Urraca” – 80’. Entrada 1,5€.
21.30 h na Praza de San Fernando III Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui.*en caso de choiva celebrarase na igrexa de San Domingos.
21.00-22.30 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Abanico.
22.30-00.30 h no Paseo da Corredoira concerto de Pelepau.
00.30-02.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Abanico.
Domingo 23
10.30-13.30 h no Paseo da Corredoira, Carreira Solidaria San Telmo.
11.00 h Desfile Exaltación do traxe tradicional dende a Área Panorámica ata a Praza de San Fernando, grupo de gaitas Lóstregos e de baile Saragana da A.X.C. do Traxe Tradicional de Tui.
12.30-13.30 h no Paseo da Corredoira concerto da Banda de Música Popular de Tui. *En caso de choiva cancelarase.
17.00-20.00 h polas rúas de Tui actuación da Charanga Cantos Somos.
18.30-20.00 h no Paseo da Corredoira verbena coa orquestra Aramio.
20.00-21.30 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Capitol.
21.30-23.00 h no Paseo da Corredoira concerto de 6TÁS 9.
23.00-00.30 h no Paseo da Corredoira verbena coa orquestra Aramio.
00.30-02.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Capitol.

Luns 24
Dende as 09.00 h en San Bartolomeu Feira Cabalar de San Telmo, todo o día con actividades.
10.00h na Catedral misa na honra a San Telmo e procesión pola Coronilla.
18.00 h na Praza de San Fernando concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.*En caso de choiva cancelarase.
19.00 h no Paseo da Corredoira entrada da Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, na Praza de San Telmo homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
19.00-21.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Olympus.
21.00 h Solemne procesión de San Telmo.
23:30 h Tirada de fogos de artificio.
00.00-01.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Olympus.