Sábado 18 Noviembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Mañá sábado, 17 de xuño, abren as piscinas municipais

Publicidad
O seu horario será de 13 a 20h de luns a venres e de 12 a 20h os sábados, domingos e festivos

Mañá sábado, 17 de xuño, abrirán as súas portas as piscinas municipais de Tui tras levar a cabo a posta a punto destas instalacións. Abrirán de luns a vendes de 13 a 20h e os sábados, domingos e festivos de 12 a 20h.
Estas instalacións permanecerán abertas ata a segunda semana de setembro. Mantéñense os mesmos prezos que nos últimos anos. A entrada adulto 2€, e a infantil 1.5€. Hai amais a posibilidade de mercar un bono de 30 baños cun prezo de 40€ para adultos e 35€ para nenos.