Viernes 22 Septiembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

O equipo de goberno de Tui finaliza o expediente para a apertura da primeira fase da rúa Ourense

Publicidad
Panadería Xulio C/ Lugo 9 Tui
O expediente expropiatorio será sometido a exposición pública durante este mes. É a primeira expropiación realizada polo Concello nos últimos 25 anos.

O equipo de goberno de Tui vén de rematar a tramitación do expediente de cara a apertura da primeira fase da rúa Ourense. Nos próximos días, tras a súa publicación nos boletíns oficiais, someterase a información pública durante un mes tempo no que se poderán presentar alegación. De forma paralela dende o Concello remitiuse xa a notificación aos propietarios dos dous inmobles afectados que será preciso derrubar. Tras a resolución das alegacións que se poidan presentar o Concello de Tui levará a cabo o pago das expropiacións e se redactará a acta de ocupación previa á licitación da obra. A execución deste proxecto – prioritario para o goberno local - suporá o investimento de máis de 984 mil euros, para os que se habilitou crédito con cargo ao remanente de tesourería. Será a primeira vez en 25 anos que o Concello de Tui leve a cabo unha expropiación para a execución dunha obra de interese xeral, logo das realizadas para a construción do Paseo Fluvial sendo alcalde Miguel Capón nos anos 90.

Publicidad
Tuicom-articulos