Miércoles 22 Noviembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Publicidad
Panadería Xulio C/ Lugo 9 Tui
O Festival Arraianos foi presentado esta mañá na sala de plenos do Concello de TUi

Esta mañá tivo lugar na sala de plenos do Concello de Tui a presentación da segunda edición do Festival Arraianos, que se vai celebrar esta fin de semana na cidade.
A presentación correu a cargo do teniente de alcalde do Concello de Tui, Miguel Ángel Capón, da concelleira de Ensino e Cultura, Mª José González, de Andrea Costa e Víctor Pérez Bugarín, da organización do Festival da Cultura Arraiana, e de dous representantes de Hípica Celta, Sergio Pérez e WaskarYoet Álvarez.
O venres ás 21h dará comezo o festival cos apertura do Mercado Arraianos e ás 23h terá lugar o espectáculo inaugural na praza de San Fernando. As actividades sucederanse durante as xornadas do sábado e do domingo, cando terminará o festival co acto de clausura ás 21.30h na praza de San Fernando e o peche definitivo do Mercado Arraianos ás 23h.
As propostas inclúen novidades como o Torneo Medieval ou a carreira “Á conquista do Miño”, mentres menten a súa aposta por actividades como o Survival Zombie Medieval ou o banquete na noite do sábado.

Publicidad

Programa
VENRES 8
● 21.00h – Comeza o Mercado Arraianos con animacións, artesanía e gastronomía (terá un parón dende as 16:00h ata as 19:00h sábado e domingo)
● 23.00h – Espectáculo inaugural na praza de San Fernando

SÁBADO 9
● Ás 12.00h – Apertura do Mercado Arraianos
● Ás 12.30h – Carreira medieval en Kaiak “Á Conquista do Miño” con saída dende a praia da Mariña
● Ás 16.00h – Comezo do “Campamento Medieval”
● Ás 19.00h – Desfile Musical Cultural en Colaboración con Lembranzas da Terra de Guillarei. Paseo da Corredoira e Praza de San Fernando
● Ás 20.30h – “Torneo Medieval” na Mariña
● De 21.45h a 00.30h – “Banquete da Noite de Curuxas”. Banquete medieval con animación
● De 23.00h a 7.00h “Survival Zombie Medieval” da WRG.
● 01.00h – Espectáculo da “Noite de Curuxas” na praza de San Fernando

DOMINGO 10
● 12.00h – Mercado Arraianos
● 12.00h - “Campamento Medieval”
● 12.00h – Conferencia do século XVII sobre o patrimonio e historia da cidade de Tui no cárcere vello. Entrada libre
● 16.00h – Visitas Teatralizadas
● 19.30h – “Torneo Medieval” na Mariña
● 21.30h – Clausura de Arraianos na praza de San Fernando
● 23.00h – Peche do Mercado Arraianos

Publicidad
Tuicom-articulos