Lunes 24 Septiembre 2018

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

IV Papanoelada moteira solidaria Motoclub “Os De Sempre” Tuy

Como ven sendo habitual nos últimos anos, o Motoclub Os De Sempre, organizan a sua papanoelada moteira solidaria.

Un evento que nace fai 4 anos, e que se repite chegadas estas datas de nadal, o seu obxetivo, é facer as delicias dos mais cativos. Un evento pensado por e para eles, que lles brinda con este acto, a posibilidade de imaxinar e soñar ca chegada de papá Noel.
Isto xuntase ca paixón que teñen os moteiros polas duas rodas, e o resultado é algo único para ambas partes, no que disfrutan moteiros, pequenos e non tan pequenos!

O outro obxectivo é a soliedaridade, nestas datas cos nenos e nenas mais desfavorecidos ou necesitados, por iso farán no seu transcurso da ruta, paradas nos centros culturais das parroquias da cidade, para recoller xoguetes e agasallos dos que logo mais tarde, SOS Tomiño fará entrega.Papanoelada

A ruta dará a súa saída o Domingo día 24 as 15:30 horas dende a corredoira de Tui, encabezada por papá Noel montado na sua carruaxe, repartindo caramelos e dirixindose os centros culturais de Randufe, Pexegueiro, Areas, Valença do Miño, Baldrans, Guillarei, Ribadelouro, Anxo e o seu regreso de volta o punto de partida. Aquí concluirá, pero os mais cativos podrán disfrutar del un longo rato e pedirlle os seus dexesos! E tamén, estará montado o posto de SOS Tomiño, para facer a recollida de mais xoguetes.

-Dende o Motoclub, están moi agradecidos, e queren facer unha mención especial a Maria Teresa, presidenta do Crack das escolas reunidas rurais, pola sua xenerosa e desinteresada donacións de xoguetes para todos eses nenos.

E os mellores agradecementos a o Concello, e a cada un dos colaborades, que axudaron para que isto sala adiante da mellor maneira posible.
Gracias e esperamos encher Tui de motos e moteiros solidarios.

Publicidad
Tuicom-articulos