Miércoles 24 Octubre 2018

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

A inscrición para o Desfile Concurso de Entroido será o martes 6 de febreiro

Publicidad
Panadería Xulio C/ Lugo 9 Tui
inscrición, coa excepción de que nunca quedará fóra unha agrupación de Tui

O martes, 6 de febreiro, será a data na que se teñan que inscribir os grupos e comparsas que desexen participar no Desfile Concurso de Entroido de Tui. Os interesados deben presentar o impreso de solicitude – no modelo oficial que se pode descargar na web municipal – no rexistro de entrada ou no departamento de Cultura en horario de 9 a 14h. Establécese un máximo de 20 comparsas e de 5 grupos participantes, prazas que se cubrirán por orde de inscrición coa excepción de que nunca un grupo ou comparsa de Tui quedará fóra do concurso. Os grupos estarán formados por entre 10 e 20 persoas, e as comparsas por un mínimo de 25 persoas disfrazadas. Para formalizar a inscrición os grupos ou comparsas deben presentar xunto coa solicitude copia do CIF da asociación participante, copia do nomeamento da xunta directiva do libro de actas da asociación, e copia do DNI do presidente da asociación.Cartel Entroido 2018
O Desfile Concurso celebrarase o luns, 12 de febreiro, ás 17.30h no circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda, sen poder realizar paradas ao longo do percorrido. A orde de saída dos participantes establecerase no sorteo que se realizará o mércores, 7 de febreiro, ás 20h no salón de sesións da casa do concello.
O xurado, formado por seis membros de asociacións tudenses, catro cidadáns tudenses, e dous traballadores do concello e presidido polo concelleiro de Cultura, terá en conta na súa valoración a actualidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza para outorgar a puntuación para os sete premios da categoría Xeral que oscilarán entre os 700€ e os 100€. As carrozas optarán a seis premios valorados entre 400€ e 150€ e o acompañamento musical terá catro premios dotados con entre 300€ e 150€. Establécese amais un único premio para as comparsas de fantasía de 250€. Serán en conxunto 5.600€ en premios.
Amais tanto as comparsas coma grupos participantes terán unha compensación económica por participar que oscilará entre os 500€ que recibirán as comparsas de Tui con carroza aos 50€ dos grupo foráneos sen carroza sumando un total de 11 mil euros. En total, contabilizando o importe dos trofeos, premios e fixos o Concello de Tui repartirá até un máximo de 17 mil euros.
Para percibir os premios e compensacións económicas as comparsas e grupos deberán participar, coma mínimo co 50% dos seus membros, no Enterro do Bacallau o domingo, 18 de febreiro.

Publicidad