A gastronomía será un dos pratos fortes das Festas de San Telmo 2018
- Detalles
- Publicado: Lunes, 26 Febrero 2018 19:10
- Escrito por C. T.

Recupérase a Festa do Meixón que se celebrará nos restaurantes do 24 de marzo ao 9 de abril
A gastronomía será un dos pratos fortes das Festas de San Telmo de 2018 que se van celebrar en Tui do 31 de marzo ao 9 de abril na que se realiza unha forte aposta por celebrar os festexos na rúa.
Así o expuxeron na presentación deste evento, declarado de interese turístico galego, o alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría.