Sábado 20 Octubre 2018

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

A asociación de afectados de Paramos e Guillarei recibiu un cheque por valor de 26.096,78 €.

O presidente da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, Salvador García, recibiu de mans da directora de ABANCA

Teba García, un cheque por valor de 26.096,78 € correspondente ao importe recadado inicialmente na conta aberta por ABANCA a instancias do Concello tras a explosión do 23 de maio no barrio da Torre.
O acto tivo lugar na notaría de Tui coa presenza do alcalde, Carlos Vázquez Padín, e do notario Jesús Mª Rodríguez Enríquez.
Cómpre lembrar que existe unha Conta Solidaria aberta a nome da asociación de afectados en Abanca co número ES80 2080 5066 7330 4003 5840.