Miércoles 28 Octubre 2020

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Abertos os xardíns de Troncoso tras as obras de acondicionamento

Xardíns Troncoso Tui

Esta semana abríronse de novo os xardíns de Troncoso tras as obras de acondicionamento acometidas nos últimos meses.

A actuación levouse a cabo co financiamento do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
Este espazo público situado no Paseo Familia Álvarez Blázquez, que comunica o céntrico Paseo da Corredoira coa rúa Antero Rubín, foi obxecto dunha actuación que o dotou dun novo deseño para potenciar a súa condición de lugar tranquilo e crear un espazo sensorial coa combinación de plantas elixidas. Instalouse amais un sistema automático de rego.

Publicidad