Miércoles 22 Noviembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Tui celebrará este domingo día 21 o seu Desfile-Concurso de Entroido

Catorce comparsas participan este domingo no Desfile-Concurso de Entroido en Tui.

Logo de telo que aprazar o pasado día 8 pola choiva. Participarán comparsas de Tui, Tomiño, Salceda, Gondomar e O Porriño, que sumarán máis de 1.100 persoas desfilando polas rúas nova da cidade. O desfile comezará ás 17h no circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda. Este ano haberá son ambiente en todas das rúas por onde pasarán os participantes.

Repartiranse preto de 12 mil euros entre premios e compensacións por participar. Hai sete premios na categoría xeral na que o xurado valorará actualidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza. A contía dos premios oscilará entre os 700€ do primeiro clasificado e os 100 que percibirá o sétimo. En carrozas hai sete premios que oscilan entre 400€ e os 50€. Mentres en acompañamento musical establécense catro premios de 250€, 150€, 100 e 50€ e un en Fantasía dotado con 250€.
Ao finalizar o desfile e mentres o xurado delibera actuará a orquestra Terranova.
(Restricións no tráfico)
Debido á celebración do Desfile-Concurso de Entroido este domingo dende ás 14h ás 22h non se poderá estacionar e estarán pechadas ao tráfico as rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense, A Guarda e Mondoñedo.