Viernes 22 Septiembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

“Pexegueiro, o Reino de Maléfica” gañadora do Entroido en Tui

“Funeraria Cantos Somos” foi segunda en comparsas e terceira en acompañamento musical, e “Xente Menuda, Menuda Xente” levouse o terceiro premio en comparsas e o premio especial do xurado.

A comparsa da Asociación Cultural e Xuvenil “O Mosteiro” de Pexegueiro  foi a gañadora do Desfile-Concurso de Entroido en Tui coa súa representación da película “Maléfica”. Tras ser aprazado o pasado luns día 8 pola choiva, hoxe o sol acompañou esta celebración, o que propiciou que miles de persoas se deran cita nas rúas novas da cidade para presenciar as creacións das catorce comparsas participantes chegadas de Tui, Tomiño, Salceda, O Porriño e Gondomar. A comparsa “Pexegueiro, o reino de Maléfica” foi a gañadora en tres das catro categorías de concurso: comparsas, carrozas e acompañamento musical.  A comparsa de Pexegueiro foi a máis numerosa das participantes con 150 membros recreando aos diversos personaxes da película de Disney. A súa carroza emulando o dragón da película con movemento foi tamén a máis puntuada polo xuíces e tamén foi a mais valorada en acompañamento musical.

                                          Banner Tuicom

O segundo premio en comparsas foi para  a tudense “Funeraria Cantos Somos” cunha sátira que enterraba o martes de Entroido de Tui. A Asociación Carnavales de Mañufe  con “Xente menuda, menuda xente” cunha evocación do mundo da infancia levouse o terceiro, o cuarto premio foi para a Asociación Lembranzas da Terra de Guillarei por “Lembranzas Mexicanas”.  O quinto correspondeu á Asociación Cultural e Recreativa Arume de Malvas por “Bicho Malo Pillei”, o sexto premio en comparsas correspondeu á comparsas de Budiño “África Libre” cunha representación da fauna e das tribos en extinción.  O último premio, o sétimo, foi para “Furancho Os Macanudos”  da Asociación Cultural Grupo de Baile Balcón do Val Miño de Gondomar. 

En carrozas o segundo premio corresponde a “Xente Menuda, Menuda Xente”, o tereceiro foi para a comparsa de Picoña, o cuarto para “O Borralliño” de Soutelo, o quinto para “Luces de Tomiño con “A India dende Tomiño”, o sexto recaeu en “Talismán África Libre”.

En acompañamento musical os premios foron para “Pexegueiro, o reino de Maléfica”, “Lembranzas mexicanas”, “Funeraria Cantos Somos” e “Furancho Os Macanudos”.  O único premio establecido en Fantasía recaeu na comparsas “Talismán África Libre”. 

Amais o xurado decidiu establecer un Premio Especial para “Menuda Xente, Xente Menuda”da Asociación Carnavales de Mañufe polo desenvolvemento harmonioso de todos os elementos involucrados na comparsa, dende o vestiario, a posta en escena, a carroza,...

Resultado Desfile-Concurso de Entroido Tui 2016

Gañadores Comparsas

Pexegueiro, O Reino De Maléfica700 €

Funeraria Cantos Somos 600 €

Xente Menuda, Menuda Xente500 €

Lembranzas Mexicanas 400 €

Bicho Malo Pillei300 €

Comparsa Talisman - “Africa Libre” 200 €

Furancho Os Macanudos100 €

Gañadores Carrozas

Pexegueiro, O Reino De Maléfica400 €

Xente Menuda, Menuda Xente300 €

Comparsa De Picoña (Es Un Barco O Un Avión)250 €

Comparsa Borralliño - Soutelo200 €

Luces De Tomiño, A India Dende Tomiño150 €

Comparsa Talisman - “Africa Libre” 100 €

O Mundo Disney50 €

Gañadores Acompañamento Musical

Pexegueiro, O Reino De Maléfica200 €

Lembranzas Mexicanas 150 €

Funeraria Cantos Somos 100 €

Furancho Os Macanudos50 €

Gañadores Fantasia

Comparsa Talisman - “Africa Libre” 250 €

Premio Especial Xurado

Xente Menuda, Menuda Xente