Jueves 21 Septiembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

O Concello de Tui coloca dous contedores de reciclaxe de produtos electrónicos e eléctricos

Están situados na praza de Galicia e na esquina da rúa Casal Aboy con Compostela

O Concello de Tui vén de instalar dous contedores de reciclaxe de CD e DVD, cartuchos de impresora, teléfonos móbiles, aparellos eléctricos e electrónicos, pilas e baterías de móbiles e de lámpadas de baixo consumo e led. Deste xeito, os veciños e veciñas poderán depositar nestes puntos aqueles produtos que xa non usan, e así darlles unha segunda vida.
Os dous contedores están situados na praza de Galicia e na esquina da rúa Casal Aboy con Compostela. En breve, a concellería de Medio Ambiente instalará once puntos de recollida de roupa e calzado na cidade e contedores para depositar excrementos caninos.