Domingo 17 Diciembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Publicidad
Panadería Xulio C/ Lugo 9 Tui
Poden acadar máis información os xoves na Oficina de Rehabilitación do Concello de Tui.

As vivendas situadas no trazado do Camiño Portugués ao seu paso por Tui e que se atopen fóra do Conxunto Histórico poderán solicitar as axudas establecidas pola Xunta dentro da convocatoria para a Área de Rehabilitación dos Camiños de Santiago.
En concreto as actuacións subvencionables son as destinadas a adecuar as edificacións á normativa vixente (seguridade, protección fronte a auga, instalacións, adecuación ao entorno e protección do patrimonio, etc); obras de mellora da eficiencia enerxética; e obras para mellorar as condicións de accesibilidade.
As persoas interesadas deberán solicitar a cualificación provisional das actuacións de rehabilitación a executar; e unha vez aprobada esta por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo deberase pedir a cualificación definitiva e por último solicitar a axuda económica.
A contía económica máxima destas axudas será de 15.000€ por cada vivenda, sen que en ningún caso poida exceder do 45% do investimento previsto.
As persoas interesadas poden solicitar máis información na Oficina de Rehabilitación do Concello de Tui, que atende aos público os xoves en horario de 9:00 a 14:00 h. No caso de non poder acudir os xoves os interesados poden deixar os datos de contacto, número de teléfono e enderezo da vivenda no departamento de Urbanismo, e a técnica da oficia contactará con eles, ou poden enviar un correo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Tamén se pode acadar máis información en https://ari-igvs.xunta.gal/gl/node/115.
O trámite da solicitude das axudas pode realizarse presencialmente ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Publicidad