Martes 20 Noviembre 2018

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Tui foi en xullo o segundo lugar de partida de peregrinos cara Santiago

Dezaseis sinais de bronce coa forma dunha cuncha marcan o Camiño Portugués de Santiago dende a vella Ponte Internacional até a ponte na Veiga do Louro, ao longo seu percorrido polo centro urbano de Tui. As cunchas foron cedidas polo S.A. Xacobeo e o Concello de Tui encargouse da tramitación da autorización ante Patrimonio e da súa colocación.
Precisamente durante o pasado mes de xullo Tui foi o Segundo punto de partida de peregrinos cara Santiago, con 4.035 persoas que elixiron á cidade para iniciar o seu Camiño. Deste xeito Tui sitúase por detrás de Sarria de onde partiron 12.898, e por diante de S. Jean Port con 3.912 persoas. En xullo do ano pasado partiran de Tui 3.921 persoas cara Compostela.
Durante o mes de xullo chegaron a Santiago 50.868 peregrinos, segundo dos datos da Oficina de Peregrinacións, dos que o 20,09% fixeron o Camiño Portugués.
No que levamos de ano teñen saído de Tui un total de 10.860 peregrinos cara Compostela.

Publicidad