Miércoles 22 Noviembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

O Festival Arraianos arranca en Tui con representacións históricas, mercado e gastronomía medieval

Onte arrancou oficialmente o “I Festival da Historia Arraiana: Arraianos 2016”

Os eventos comezaron cun desfile no que participou a “científica tola” que levou a Tui á Idade Media co seu erro ao construír unha máquina do tempo. A inauguración oficial rematou na Praza de San Fernando co convite a tudenses e visitantes a participar neste festival que até o domingo levará a Tui 1.000 anos atrás no tempo con representacións históricas, visitas guiadas, mercado e gastronomía medieval.
Á noite do venres o banquete medieval con espectáculo e ambientación permitiu repoñer forzas aos asistentes para rematar co espectáculo de danza “aquelarre” e a exhibición de lume e bruxería “noite de curuxas” na Praza de San Fernando, epicentro do festival.
Amais, até o domingo, ao longo do núcleo histórico haberá mercado con venda de artesanía e produtos gastronómicos. Tódalas tardes a partires das 19:00 ábrense os postos das “Receitas de Poñente” con tapas inspiradas nos libros de George R. R. Martin, Xogo de Tronos.
Sábado de deporte e apocalipse
O sábado medieval comezará ás 11.00 horas coa proba da “Conquista do Miño”, na que os participantes, ataviados con vestimenta de época, deberán recuperar panos de cores en diferentes zonas do Miño a bordo do seu kaiak. O percorrido irá da praia de Areeiros de Guillarei até o Centro Interfederado. A venda de entradas anticipadas e limitadas pode facerse a través de Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Xa na tarde do sábado, a Praza de San Fernando acollerá unha voda medieval co cortexo, casamento e banquete nupcial. Á noite toma a testemuña o “Survival Zombie Medieval”. Trátase dun evento inédito que por primeira vez estará inspirado nun apocalipse zombi. Os máis de 1.000 participantes que se esperan deberán realizar unha xincana ou rastrexo para loitar por sobrevivir namentres seguen as pistas indicadas e logran non infectarse.
Historia e espectáculos para a última xornada
O festival remata o domingo con diferentes espectáculos, amais de mergullarse na historia medieval de Tui con diferentes recreacións históricas e visitas guiadas.
Ás 12:30 terá lugar o espectáculo de danza “campesiñas” da man da Escola de Danza Paula Cobián na Praza de San Fernando. A actividade trasladarase á Praza de San Telmo ás 14:00 coa representación dun xantar medieval animado coa música de gaitas da Asociación Cultural Arume de Malvas.
Ás 17:00 organízase unha visita guiada que comezará na igrexa de San Bartolomé e que contará con cinco paradas nas que ademais das explicacións pertinentes os actores que acompañan a ruta farán representacións dalgúns dos fitos e anécdotas mais importantes da época. Ademais da igrexa de San Bartolomé, haberá representacións na igrexa de Santo Domingo, na Praza da Estrela, na rúa das Adegas e na Catedral.
As últimas actividades do día terán lugar na Praza de San Fernando. Ás 20:00 celebrarase un espectáculo de danza, ás 21:15 terá lugar a recreación dun combate medieval e a noite rematará ás 23:30 co espectáculo “os gardiáns da mandrágora”.
Receitas medievais inspiradas en Xogo de Tronos
Durante os tres días que dura Arraianos, os visitantes poderán degustar na Praza de Frómista as “receitas de Poñente” inspiradas nas novelas de George R. R. Martin, Xogo de Tronos. As receitas foron adaptadas seguindo o libro “Festín de Fogo e Xeo: O Manual de Cociña Oficial”, que recrea diversos pratos descritos na saga.
Nesta proposta gastronómica participan o Hostal San Telmo cun “costelar de cordeiro”, “polo á mel” e o prato “peras ao viño”. O Pote elaborará “pasteis de mazá” e “boliños de pasas, piñóns e mazá”, xunto con “viño quente” que precisa a Garda da Noite. Pola súa parte, Vai de Garcías preparará o “almorzo do muro”, “pauciños de peixe” e “bolos de millo doce”, xunto coas exóticas “pasta de garavanzo” e “follas de parra recheas”.

Publicidad