Sábado 18 Noviembre 2017

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Publicidad
Tuicom-articulos
Este novo servizo púxose en marcha a comezos de mes e atende ao público os xoves de 9 a 14h

Dende comezos deste mes está en funcionamento no Concello de Tui a Oficina de Rehabilitación dependente da Concellería de Patrimonio. O seu obxectivo promover a rehabilitación do núcleo histórico, tanto na súa dimensión física como na revitalización social, económica e cultural. Para iso ofrécese información sobre as distintas liñas de axudas ou subvencións existentes en cada momento, e asesórase aos interesados, tanto veciños do conxunto histórico coma doutras zonas da cidade, na presentación da correspondente solicitude.
O persoal técnico da Oficina de Rehabilitación atende ao público no departamento de Urbanismo os xoves de 9:00 a 14:00 h. No caso de non poder asistir ese día os interesados poden deixar os seus datos de contacto neste departamento e os técnicos da da contactarán con eles.
Nestes primeiros días de funcionamento dende a Oficina de Rehabilitación están a contactar cos propietarios que están levando a cabo algunha actuación susceptible de subvención, co obxectivo de explicarlles as condicións e axudas abertas actualmente, e estudar con eles a posibilidade de solicitalas.
Nestes momentos está aberta a convocatoria para o Plan Renove de Fiestras (ata o 29/09/2017), para o Informe de Avaliación dos edificios (ata o 14/08/2017), para o Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVita (ata o 20/11/2017), para o Plan Renove para as Instalacións Eléctricas comúns (ata i 20/11/2017) e para as subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a rehabilitación de fachadas con granito, fachadas e cubertas de lousa e renovación de cubertas con tella.
Por outra parte as concellerías de Urbanismo e de Patrimonio inician estes días os trámites para a adhesión do Concello de Tui ao convenio asinado entre o IGVS e a FEGAMP que ten coma finalidade destinar vivendas baleiras ao alugueiro social por parte de familias desfavorecidas. Unha vez o convenio estea asinado na Oficina de Rehabilitación tamén se información destas axudas.
Amais o Concello de Tui solicitará a participación na prórroga recentemente aprobada do Plan Estatal anterior (2013-2016), mentres non se aprobe o novo Plan Estatal 2018-2021, o que permitiría xestionar axudas públicas destinadas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación Integral de Tui. As solicitudes de intervención e as contías máximas das subvencións do ARI establécense procurando desincentivar o baleirado dos edificios e favorecendo a instalación de usos permitidos nas plantas baixas, a conservación, mellora da habitabilidade ou aumento do número de vivendas, a adecuación a casos de mobilidade reducida, accesibilidade e eficiencia enerxética.

Publicidad
Panadería Xulio C/ Lugo 9 Tui