Sábado 16 Noviembre 2019

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Recepción aos nenos e nenas saharauís que pasarán o verán en Tui

Esta semana tivo lugar na casa do concello de Tui a recepción aos tres nenos e nenas saharauís que pasarán o verán en Tui dentro do programa “Vacacións en Paz”.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, deulles a benvida xunto ao concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e a concelleira de Igualdade e Xuventude, Ana Mª Núñez.
Son dúas nenas, Yamila e Mariem, as que por terceiro ano pasarán o verán en sendas familias acolledoras de Tui, e as elas sumouse este ano Omar que a primeira vez que viaxa a España e pasará tamén os próximos meses na cidade.
Tanto o alcalde, Enrique Cabaleiro, coma o concelleiro e a concelleira, desexaron aos nenos e nenas unha boa estadía na cidade lonxe das inhóspitas condicións do deserto onde viven nos campamentos de refuxiados saharauís.

Publicidad