Sábado 19 Junio 2021

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Este venres chega ao Teatro Municipal o espectáculo musico-teatral “Gatuxo”

Comezará ás 19.30h dirixido a bebés e familias

Mércores, 24 de febreiro de 2016. A música infantil encherá este venres, 26 de febreiro, ás 19.30h o Teatro Municipal de Tui co espectáculo "Gatuxo" da man de Magín Blanco.
“Gatuxo” é un espectáculo musico-teatral para bebés e familias a cargo de Magín Blanco, Jorge Juncal e María Faltri na parte musical e de Raquel Queizás na dramatización. No mesmo mestúranse o teatro, a manipulación de obxectos, o clown, o claqué... As distintas pezas musicais van trazando o calendario cronolóxico dun bebé dende o seu nacemento con temas coma “Xa estou aquí”, “Leite con mel”, “Gugú”, “Tacatá” ou “Cando a lúa brilla”. As letras están escritas precisamente dende a ollada dun bebé, o que resalta a súa tenrura e da ao tempo unha nota de humor. O resultado é un traballo único e marabilloso, ao tempo que sinxelo, con cancións ternas coma un bebé e sedutoras coma o seu sorriso.
As entradas para “Gatuxo” están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende ás 18h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Magín Blanco con “Gatuxo”
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Venres, 26 de febreiro, ás 19.30h