Sábado 19 Junio 2021

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Tanxarina presenta este sábado no Teatro Municipal “A casa do avó”

Será ás 18.30h baixo a dirección de Cándido Pazó.

O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado, 5 de marzo, ás 18.30h a representación de “A casa do avó” da man de Tanxarina Títeres. Trátase dunha obra de teatro de monicreques de 50 minutos de duración dirixida a pública familiar a partir dos 5 anos.
Sobre o escenario estarán Andrés Giráldez Río, Eduardo A. Rodríguez Cunha “Tatán” e Miguel Borines Fernández, actores e manipuladores. A dirección corresponde a Cándido Pazó.
Entre o cómico e o poético están as pequenas aventuras dun neno por axudar ao seu avó, que vai ser desaloxado da súa casa por un banco. O apoio solidario propicia un final feliz nesta obra na que hai un xogo permanente entre bonecos, escenografía e actores.

Publicidad

A compañía Tanxarina Titeres creouse no ano 1983 converténdose dende entón nunha das formacións mais recoñecidas e prestixiosas do teatro de monicreques galego. Marionetas de fíos, monicreques de luva, de variñas, sombras chinas e outros forman parte das obras nas que a relación entre obxectos e actores é unha das sinais de identidade da compañía dende os seus primeiros espectáculos.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.