Miércoles 17 Agosto 2022

Face  Twitt  Google  Pint  Instagram

Programación para este fin de semana de San Telmo

Publicidad
Tui afronta os tres días grandes das festas de San Telmo con deporte, música e teatro,

Mañá sábado, 22 de abril, o programa festivo ábrese Andaina de San Telmo que forma parte do circuíto de Andaina das Eurocidade que sairá ás 10h dende o palco da música no Paseo da Corredoira. Consta dun un percorrido de 10 quilómetros de dificultade doada. A inscrición ten un prezo de 5€ para adultos, e 3€ para os menores de 12 anos. Os interesados téñense que anotar en www.andatui.es.
A partir das 12h no campo de fútbol Álvarez Durán celébrase a Copa San Telmo de Fútbol Veterano entre o Tyde F.C. e do S.C. Valenciano.
A charanga tudense Cantos Somos será a encargada de amenizar musicalmente as rúas de Tui onde actuará de 12 a 14h e dende ás 21h. O paseo da Corredoira acollerá dende ás 17h unha concentración e exposición de coches antigos na que participarán medio centenar de vehículos de toda a comarca.
A partir das 19h polas rúas de Tui desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas Santa Columba de Ribadelouro.
Mentres ás 20.15h remata a IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo da man do grupo de teatro Mesturanzas de Areas coa estrea da obra “A herdanza de Dona Urraca” escrita pola directora do grupo Mónica Villar. As entradas poranse á venda ás 19.45h ao prezo de 1,5€.

Publicidad

A música será a gran protagonista no remate da xornada coa celebración a partir das 21.30h na Praza de San Fernando do III Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui coa participación da Banda de Gaitas Sons de la Cossetania de Tarragona, Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra, Banda de Gaitas Xuntanza de Catalunya e Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, sendo esta última a organizadora do evento. Ás 22.30h o grupo Pelepau, formado por 12 percusionistas, achegarán a súa proposta de música tradicional ás festas. Mentres a verbena mañá sábado correrá a cargo da orquestra Abanico.
O domingo o programa festivo comeza coa Carreira Popular de San Telmo organizada polo Club Atletismo Tui na que participarán 750 persoas, dende a categoría pitufos ata veteranos participarán este domingo na Carreira Popular de San Telmo organizada polo Club Atletismo Tui. A saída será ás 11h dende o Paseo da Corredoira. Os primeiros serán os seniors cun percorrido de 5 quilómetros. A continuación terá lugar a carreira para as categorías inferiores.
Ás 11.30 h sairá dende a a Área Panorámica ata a Praza de San Fernando, o desfile Exaltación do traxe tradicional acompañado polo grupo de gaitas Lóstregos e de baile Saragana da Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe Tradicional de Tui.

A charanga Cantos Somos volverá actuar polas rúas de Tui a partir das 17h. Ás 21.30h no Paseo da Corredoira ofrecerá un concerto o grupo 6TÁS9 e a verbena da noite correrá a cargo da orquestra Aramio no Paseo da Corredoira e da orquestra Capitol na rúa Compostela.

O luns día grande das festas de San Telmo, festivo local en Tui, o programa ábrese coa Feira Cabalar no barrio de San Bartolomeu a partir das 8h, dende ás 10h haberá concurso morfolóxico de cabalos españois, árabes e cruzados, e a partir das 12h de cabalos de pura raza galega puntuable, este último para a Copa Galicia PRG 2017. A clausura da feira será ás 13h co espectáculo ecuestre a cargo do Lucía Valladares.

Pola tarde ás 18.00 h na Praza de San Fernando ofrecerá un concerto a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín. E ás 19.30h actuará no Paseo da Corredoira a Banda de Música Popular de Tui. Previamente ás 19 h entrará no Paseo da Corredoira a Banda de Guerra e Guión da BRILAT e que a continuación, na Praza de San Telmo realizara a homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.

Ás 21h sairá a solemne procesión de San Telmo dende a Catedral para facer un percorrido polo casco urbano e regresar ao templo catedralicio, é un dos actos procesionais máis numerosos de cantos se celebran en Tui e na comarca, tanto polo número de imaxes chegadas de todas as parroquias tudenses, coma polo número de persoas que participan na mesma.

A última verbena correrá a cargo da orquestra Compostela, e ás 23.30h realizarase a tirada de fogos de artificio, pechando así as festas de San Telmo 2017.
Programación
Sábado 22
10.00 h dende o palco da música no Paseo da Corredoira saída da Andaina Festas San Telmo. Prezo: 3€ e 5€.
12.00 h no Campo de Fútbol “Álvarez Durán” de Tui, Copa San Telmo Eurocidade.
12.00-14.00 h polas rúas de Tui actuación da Charanga Cantos Somos.
17.00 h no Paseo da Corredoira, concentración e exposición de coches antigos.
17.00-21.00 h polas rúas de Tui actuación da Charanga Cantos Somos .
19.00 h polas rúas de Tui desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas Santa Columba de Ribadelouro.
20.15 h no Teatro Municipal IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Mesturanzas de Areas estrea “A herdanza de Dona Urraca” – 80’. Entrada 1,5€.
21.30 h na Praza de San Fernando III Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui.*en caso de choiva celebrarase na igrexa de San Domingos. Coa participación da Banda de Gaitas Sons de la Cossetania de Tarragona, Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra, Banda de Gaitas Xuntanza de Catalunya e Banda de Gaitas San Xoán de Paramos
21.00-22.30 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Abanico.
22.30-00.30 h no Paseo da Corredoira concerto de Pelepau.
00.30-02.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Abanico.
Domingo 23
10.30-13.30 h no Paseo da Corredoira, Carreira Solidaria San Telmo.
11.30 h Desfile Exaltación do traxe tradicional dende a Área Panorámica ata a Praza de San Fernando, grupo de gaitas Lóstregos e de baile Saragana da A.X.C. do Traxe Tradicional de Tui.
12.00h Misa ofrenda a San Telmo presidida por D. José Mª Menéndez, párroco de San Juan de la Arena
17.00-20.00 h polas rúas de Tui actuación da Charanga Cantos Somos.
18.30-20.00 h no Paseo da Corredoira verbena coa orquestra Aramio.
20.00-21.30 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Capitol.
21.30-23.00 h no Paseo da Corredoira concerto de 6TÁS 9.
23.00-00.30 h no Paseo da Corredoira verbena coa orquestra Aramio.
00.30-02.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Capitol.
Luns 24
Dende as 09.00 h en San Bartolomeu Feira Cabalar de San Telmo, todo o día con actividades.
11.00h na Catedral procesión das reliquias pola Coronilla, e misa na honra a San Telmo presidida polo bispo da Diocese e cantada pola Coral San Telmo de Tui
18.00 h na Praza de San Fernando concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.*En caso de choiva cancelarase.
19.00 h no Paseo da Corredoira entrada da Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, na Praza de San Telmo homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
19.00-21.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Olympus.
19.30-20.30 h no Paseo da Corredoira concerto da Banda de Música Popular de Tui. *En caso de choiva cancelarase.
21.00 h Solemne procesión de San Telmo.
23:30 h Tirada de fogos de artificio.
00.00-01.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra Olympus.

Publicidad
Panadería Xulio C/ Lugo 9 Tui