“Pexegueiro, o Reino de Maléfica” gañadora do Entroido en Tui
- Detalles
- Publicado: Domingo, 21 Febrero 2016 20:19
- Escrito por C. T.

“Funeraria Cantos Somos” foi segunda en comparsas e terceira en acompañamento musical, e “Xente Menuda, Menuda Xente” levouse o terceiro premio en comparsas e o premio especial do xurado.
A comparsa da Asociación Cultural e Xuvenil “O Mosteiro” de Pexegueiro foi a gañadora do Desfile-Concurso de Entroido en Tui coa súa representación da película “Maléfica”. Tras ser aprazado o pasado luns día 8 pola choiva, hoxe o sol acompañou esta celebración, o que propiciou que miles de persoas se deran cita nas rúas novas da cidade para presenciar as creacións das catorce comparsas participantes chegadas de Tui, Tomiño, Salceda, O Porriño e Gondomar. A comparsa “Pexegueiro, o reino de Maléfica” foi a gañadora en tres das catro categorías de concurso: comparsas, carrozas e acompañamento musical. A comparsa de Pexegueiro foi a máis numerosa das participantes con 150 membros recreando aos diversos personaxes da película de Disney. A súa carroza emulando o dragón da película con movemento foi tamén a máis puntuada polo xuíces e tamén foi a mais valorada en acompañamento musical. O segundo premio en comparsas foi para a tudense “Funeraria Cantos Somos” cunha sátira que enterraba o martes de Entroido de Tui. A Asociación Carnavales de Mañufe con “Xente menuda, menuda xente” cunha evocación do mundo da infancia levouse o terceiro, o cuarto premio foi para a Asociación Lembranzas da Terra de Guillarei por “Lembranzas Mexicanas”. O quinto correspondeu á Asociación Cultural e Recreativa Arume de Malvas por “Bicho Malo Pillei”, o sexto premio en comparsas correspondeu á comparsas de Budiño “África Libre” cunha representación da fauna e das tribos en extinción. O último premio, o sétimo, foi para “Furancho Os Macanudos” da Asociación Cultural Grupo de Baile Balcón do Val Miño de Gondomar.
En carrozas o segundo premio corresponde a “Xente Menuda, Menuda Xente”, o tereceiro foi para a comparsa de Picoña, o cuarto para “O Borralliño” de Soutelo, o quinto para “Luces de Tomiño con “A India dende Tomiño”, o sexto recaeu en “Talismán África Libre”.
En acompañamento musical os premios foron para “Pexegueiro, o reino de Maléfica”, “Lembranzas mexicanas”, “Funeraria Cantos Somos” e “Furancho Os Macanudos”. O único premio establecido en Fantasía recaeu na comparsas “Talismán África Libre”.
Amais o xurado decidiu establecer un Premio Especial para “Menuda Xente, Xente Menuda”da Asociación Carnavales de Mañufe polo desenvolvemento harmonioso de todos os elementos involucrados na comparsa, dende o vestiario, a posta en escena, a carroza,...
Resultado Desfile-Concurso de Entroido Tui 2016
Gañadores Comparsas
1ºPexegueiro, O Reino De Maléfica700 €
2ºFuneraria Cantos Somos 600 €
3ºXente Menuda, Menuda Xente500 €
4ºLembranzas Mexicanas 400 €
5ºBicho Malo Pillei300 €
6ºComparsa Talisman - “Africa Libre” 200 €
7ºFurancho Os Macanudos100 €
Gañadores Carrozas
1ºPexegueiro, O Reino De Maléfica400 €
2ºXente Menuda, Menuda Xente300 €
3ºComparsa De Picoña (Es Un Barco O Un Avión)250 €
4ºComparsa Borralliño - Soutelo200 €
5ºLuces De Tomiño, A India Dende Tomiño150 €
6ºComparsa Talisman - “Africa Libre” 100 €
7ºO Mundo Disney50 €
Gañadores Acompañamento Musical
1ºPexegueiro, O Reino De Maléfica200 €
2ºLembranzas Mexicanas 150 €
3ºFuneraria Cantos Somos 100 €
4ºFurancho Os Macanudos50 €
Gañadores Fantasia
1ºComparsa Talisman - “Africa Libre” 250 €
Premio Especial Xurado
Xente Menuda, Menuda Xente