O Concello de Tui solicita a colaboración veciñal para que o equipo redactor do PEPCHA poida acceder as súas vivendas
- Detalles
- Publicado: Domingo, 29 Mayo 2016 10:15
- Escrito por C. T.

O obxectivo é completar a documentación sobre elementos coma patios ou escaleiras
O Concello de Tui solicita a colaboración dos veciños do conxunto histórico xa que ao abeiro dos traballos de elaboración do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico, PEPCHA, a próxima semana o equipo redactor necesitará acceder as vivendas desta zona da cidade. O obxectivo será recoller ou completar a información de escaleiras, patios ou outros elementos arquitectónicos de valor tendo en conta o último informe emitido pola Consellería de Cultura do pasado 21 de setembro de 2015.